Tuesday 14 de May de 2024

Modificadas as bases reguladoras do proceso selectivo para formar unha bolsa de emprego para monitor/a de tempo libre


Tendo en conta os escritos de alegacións presentados con relación ás bases reguladoras do proceso selectivo para constituír unha bolsa de emprego para monitor/a de tempo libre, o Concello da Pobra do Caramiñal procede a modifica-las mesmas. As ditas alegacións referíanse ás titulacións requiridas e a valoración de formación na fase de concurso.

A selección realizarase mediante o sistema de concurso-oposición para a cobertura en réxime laboral temporal dos postos indicados. Resulta preciso reunir unha serie de requisitos e as persoas interesadas deberán solicita-la súa participación mediante a presentación da instancia que se recolle no anexo II das mencionadas bases, dirixida ó alcalde.

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica municipal ou no rexistro xeral de entrada do Concello da Pobra do Caramiñal, en horario de 08.00 a 14.00 horas, no prazo de 10 días hábiles que se contarán a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP), neste 1 de xullo. Se optaren por entregala nunha oficina de Correos, farano nun sobre aberto para que a instancia sexa datada e selada pola funcionaria/o de Correos antes de ser certificada. Neste caso e cando se presente a instancia noutro rexistro público diferente ó da Administración local pobrense, as persoas solicitantes, antes de remata-lo prazo de presentación de solicitudes, deberán remitir unha copia escaneada da instancia debidamente selada ou rexistrada ó enderezo electrónico rexistro@apobra.gal. Xunto coa solicitude débense achega-las copias simples dos documentos indicados nas bases. Toda a información detallada está á disposición no taboleiro de anuncios do Concello e na referida sede electrónica.